Este ano a Delegación da Coruña do COAG colabora coa Galicia Design Week na que, entre o 16 e o 24 de maio, hai varias actividades de arquitectura previstas ás que convidamos a asistir a todos os nosos colexiados e colexiadas.
O día 23 de maio, venres, conferencia de Elena Fuertes, Ramón Martínez, Ramón Martínez e Álvaro Molins de BURR estudio de arquitectura <https://burr.studio/>, no espacio Avenida de ABANCA.
O sábado 24 de maio taller co GRUPO MALASA. A túa idea do papel á forma. Inscricións en info@gdw.gal
Até finais de maio haberá tamén unha selección de premiados nos últimos COAG na Praza de Lugo.
E na Darsena do Parrote unha selección de obras de deseño e arquitectura, entre as que se atopa a arquitecta Irene Campo <https://www.irenecampo.com/>!!!
Todo o festival é gratuíto, con entrada libre ata completar aforo, agás os WORKSHOPS, para os que será necesario reservar praza, e a xornada do venres 23 pola mañá, que é por invitación
Máis info en https://www.gdw.gal/