Documento inicial das “Bases estratégicas para el desarrollo del Proyecto Coruña Marítima”

10 Mar 2025

Facilítase aquí o enlace de consulta ao documento inicial das “BASES ESTRATÉGICAS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO CORUÑA MARÍTIMA” <https://www.corunamaritima.com/gl/gobernanza>, publicitado anteriormente como Concurso Internacional para la redacción del Máster Plan Coruña Marítima, informando de que se abriu o prazo dun mes, até o 7 de abril, para o envío de suxerencias a este documento; estas suxerencias serán canalizadas nun buzón que está aberto na páxina: <https://www.corunamaritima.com/gl/>.

Informáse tamén de que este documento de bases determinará en boa medida o futuro do Porto da cidade, infórmase igualmente de que non está vinculado a un proceso de participación previa, e, por último, infórmase de que o citado documento, que presenta importantes carencias, foi aprobado pola Comisión Coruña Marítima, creada, segundo consta na páxina web de Coruña marítima, «al objeto de desarrollar el Protocolo para la reordenación de la Fachada Marítima de A Coruña: Proyecto “Coruña Marítima”».

Tal e como se anunciaba a través dos medios de comunicación, o conxunto de Administracións reunidas na Comisión Fachada Marítima optan nestas bases por un procedemento de adxudicación restrinxido a 5 candidatos, o mínimo legal, sendo un dos apartados a valorar a «solvencia económica y financiera que se justificará mediante el volumen anual de negocios en el objeto del contrato y por la suscripción de un seguro de responsabilidad civil». Este procedemento de adxudicación restrinxido, que non se atopa xustificado, producirá previsiblemente unha barreira dificilmente superable para os colexiados/as locais, favorecendo a outro tipo de actores, tal e como xa manifestamos na nosa comparecencia diante da Comisión Especial da Fachada Marítima.

Sendo así, e pola importancia deste documento, lembramos a importancia de enviar suxerencias ao contido do mesmo e lembramos tamén que existe un apartado na páxina da Delegación da Coruña onde se vai colgando documentación de referencia relativa ao Bordo litoral portuario, para poder profundizar neste asunto: <https://portal.coag.es/acoruna/documentacion-basica-de-referencia-sobre-o-bordo-litoral-portuario-da-coruna/>

Ruth Varela y Emilio Rodríguez Blanco,

Presidenta e Secretario da Xunta Directiva da Delegación da Coruña do COAG.

Compartir