O mércores 29 de abril, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: A intervención no patrimonio como tema de arquitectura, impartida polos arquitectos Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín–socios do estudio Pemán y Franco Arquitectos– e Sergio Sebastián Franco –de Sebastián arquitectos–.
Síntese*
«Máis alá de recoñecer e respectar os méritos históricos ou artísticos que atesouran os edificios do noso patrimonio edificado» os arquitectos propoñen «considerar a intervención nestas arquitecturas como un problema de arquitectura, e aproximarse á súa comprensión empregando claves e ferramentas propias desta disciplina».
«Cunha breve explicación da súa intervención en varios edificios históricos intentarán «amosar até que punto o proxecto de restauración é tamén un proxecto de arquitectura, que atende ás estratexias, linguaxes e mecanismos, dos que a disciplina se ten servido ao longo da historia».
«A intervención en arquitectura histórica afronta sempre un conflito: a súa pertenza ao pasado nos obriga a un exercicio de memoria para recoñecer as súas claves formativas iniciais e o acontecido ao longo do tempo, pero ao intervir no presente o noso recordo pasa a ser unha interpretación crítica que analiza o herdado para darlle sentido no presente».
Os arquitectos Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín colaboran profesionalmente dende o ano1980. No ano 2000 crearon a sociedade «Pemán y Franco Arquitectos SCP». Ambos compaxinan a súa actividade laboral coa docencia como Profesores de Proxectos na Escola de Arquitectura de Navarra e na Escola de Arquitectura de Zaragoza. Son membros da Academia del Partal dende a súa fundación en 1999.
Teñen abordado traballos de distintos programas e escalas, dende o urbanismo até a construción de edificios de vivendas e de equipamentos singulares, pasando pola restauración de edificacións históricas. Pode destacarse, no campo da Intervención no Patrimonio Histórico: o Palacio da Aljafería de Zaragoza, o Palacio de Larrinaga de Zaragoza, o edificio Paraninfo da Universidade de Zaragoza e o Real Monasterio de Santa María de Sijena (Huesca) (En colaboración con S. Sebastián). Teén construído diversos equipamentos, entre outros: varios Centros de Saúde, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Zaragoza, (en colaboración con B. Tobías), e o Edificio de Servizos da Estación de Esquí, Panticosa (Huesca). No campo da arquitectura residencial poden mencionarse, entre outras: 192 Vivendas de Protección Oficial Para a S.M.V do Concello de Zaragoza, 144 vivendas na Avda. Gómez Laguna de Zaragoza e 164 Viviendas en Valdespartera para a SMR do Concello de Zaragoza. No ámbito do Paisaxismo e Urbanismo teñen realizado: O Parque das Delicias de Zaragoza, “Directrices da Área Metropolitana de Zaragoza”, Plan Especial da Área G. 11/16-1 do PXOU de Zaragoza para Ebrosa, Plan Parcial do ámbito “Malaño” de La Joyosa.
A súa actividade profesional foi merecedora, entre outros, do Premio García Mercadal dos anos 1988 e 1999 e do seu Accésit en 1987, 2005, 2007 e 2009, do Trofeo Ricardo Magdalena dos anos 1999 e 2002 e do seu Accésit en 1996, 2002 e 2009. Igualmente teñen recibido o Premio Goberno de Aragón de Restauración de Monumentos o año 1999, dous Diplomas de Europa Nostra nos años 2000 e 2001, e a Mención no Premio do Instituto Español de Arquitectura do ano 2000. No ano 1999 os traballos de restauración de La Seo del Salvador de Zaragoza recibiron o Premio Nacional de Restauración.
Teñen participado coas súas obras en diversas exposicións de arquitectura e teñen impartido numerosas conferencias e ponencias sobre o seu traballo.
Foron seleccionados na I Muestra de arquitectura española (1991) (MOPU-UIMP Comillas) e na “A New generation of Spanish Architecture” (Architectural Association. Londres) (1994).
Currículum de Sergio Sebastián
Arquitecto (2002) e Doutor arquitecto (2016) pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Profesor de Proxectos Arquitectónicos da Universidade de Zaragoza (2009- actualidade)
Profesor invitado en diversas universidades como Politecnico di Milano, Politecnico di Torino, IUAV Venezia, Roma3, Università G.D´Annunzio Chieti Pescara, Ferrara, SDS Siracussa-Catania, Medellín, Anahuac, Cornell, Madrid ou Valencia.
A súa obra comprende deseño de instalacións de iluminación artística, ademais de edificación pública, administrativa, residencial colectiva, vivenda unifamiliar, rehabilitación, restauración monumental, paisaxismo, arquitectura efémera, deseño interior, museografía, deseño de produto e deseño gráfico.
Ten sido publicada en diversos medios e revistas internacionais de recoñecido prestixio, como Domus, Architectural Review, Abitare, Detail, AV, Arquitectura Viva, TC Cuadernos, LAF, Summa+.
Ten recibido diversos premios e recoñecementos, como:
Premio FAD (2024)
Premio da Unión Internacional de Arquitectos (2024)
Premio da XVI Bienal de Arquitectura Española (2023)
Premio Nacional de Arquitectura Efémera Emporia de Oro (2023)
Premio García Mercadal (2022)
Accésit García Mercadal Intervención en Patrimonio Monumental (2022)
Trofeo Ricardo Magdalena (2022)
Premio da Gala da Edificación Aragonesa (2022 y 2020)
Premios Edelweiss Turismo Sostenible (2021)
Premio Hispania Nostra (2021)
Trofeo Ricardo Magdalena (2020)
Accésit García Mercadal Intervención en Patrimonio Monumental (2020)
Accésit García Mercadal Rehabilitación (2020)
Premio Construlita Lighting Mexico (2020)
Accésit García Mercadal edificación residencial (2019)
Premio Metal Architecture Design Awards USA (2019)
Trofeo Ricardo Magdalena (2018)
Premio Arquitectura con EÑE (2018) Luces de Arquitectura
Accésit García Mercadal Arquitectura efémera (2018)
Premio Global Architecture &Design Awards RTFA (2018)
Premio City Brand&Tourism Landscape Awards Triennale di Milano (2018)
Premio LIT Lighting Design Awards USA (2017)
Premio Arquitectura con EÑE (2016) Luces de Arquitectura
Premio MADA MOS Build Rusia Archi-Europe (2015)
Premio Award for Excellence in Historic Architectural Renovations in Build Magazine’s Architecture Awards UK (2015)
Premio Rethinking The Future International Awards India (2015)
Medalla de Ouro Premio DOMUS Restauro e Conservazione (2014)
Premio Innomatnet Awards. New materials in Building Industrie (2014)
Trofeo Ricardo Magdalena (2013)
Premio Blue Stone Awards Archi-World (2013)
Mención especial Premios Europa Nostra (2014)
Seleccionado para o Pabellón de España na Biennale di Architettura di Venezia (2025 Internalities e 2020 Uncertainty), a Bienal Internacional de Arquitectura en Polonia (2023) e en diversas edicións da Bienal Europea del Paisatge y Premios Rosa Barbá, na Bienal de Arquitectura Española, nos Premios Urban CCCB, Gala Aragonesa da Edificación 2019 e 2021, ou nos premios Arquitectura en Positivo do Consejo Superior de Arquitectos de España.
Finalista nos [D]Arc Lighting Awards, Premios Arquia/Próxima, Piranesi Prix Accademia Adrianea di Roma, ArchDaily 2022, García Mercadal COAA, Premio Bigmat 2024 y 2025, Prémio Jornal-Larus arquitecturas equipamento urbano ibérico, Premios de Arquitectura en ladrillo Hyspalit, Premios de Construcción Sostenible de Castilla y León, Premio LUMEC CLU Foundation Philips, SAIE Selection Contest´12 Archi-Europe.
Entre as súas principais obras está o Espazo Arqueolóxico de Daroca (2007), a Cidade da Xustiza de Zaragoza (2013), o Palacio de Xustiza de Huesca (2012), o Plan Director para a rehabilitación do Palacio da Audiencia de Zaragoza (2015), a restauración do pobo abandonado de Ruesta (2019) e de diversas ermidas na contorna de Yesa e o Camiño de Santiago (2021), a rehabilitación das oficinas centrais de MAZ (2020), as casas Margarita (2021), Ea! (2022), MM (2019), JI (2018).
Na actualidade está desenvolvendo o proxecto do novo Museo Goya Ibercaja en Zaragoza, a ampliación do Museo Arqueolóxico de Alcalá de Henares, a restauración do Palazzo Ducale de Accadia en Italia, ou o novo edificio de laboratorios de IA e mecatrónica do Instituto Tecnolóxico de Aragón, froito de concursos de ideas, así como as obras de restauración do Mosteiro de Santa María de Sijena e do Mosteiro de San Victorián, da vila romana de La Malena, do Mercado Central, do Teatro Principal e do Quiosco da música de Zaragoza.
Máis información en:
<https://www.pemanyfranco.com/peman-y-franco-arquitectos> <https://www.sergiosebastian.es>
DATA
Mércores 29 de abril de 2026– 19:00 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago
