Club de Lectura Hai Mulleres – Luz Paz Agras «Explorar los límites»

10 Feb 2023

O vindeiro mércores 15 de febreiro, ás 19,30 horas, terá lugar na Delegación da Coruña unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Luz Paz Agras sobre a súa obra “Explorar los límites”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.

O enlace para o acceso é o seguinte:

https://us06web.zoom.us/j/81703174853?pwd=cEI2dWxrN3I2MlNHQzhwNEtPY3AzQT09

Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta. Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

Esta actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura. Para asistir presencialmente, é precisa a inscrición a través do seguinte enlace:

https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1014

Lugar: Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Federico Tapia 64, Baixo
15005-A Coruña

Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.

Compartir