A comunicación formou sempre parte, dunha maneira ou doutra, do exercicio da arquitectura. Cada proxecto incorpora unha serie de decisións, procesos e valores que necesitan ser explicados para chegar a clientes, promotores, administracións, medios de comunicación e á sociedade en xeral.
Nun contexto no que a visibilidade profesional xa non depende unicamente da obra construída ou da súa publicación en revistas especializadas, os estudos de arquitectura necesitan desenvolver unha estratexia de comunicación capaz de reforzar o seu posicionamento, transmitir a súa identidade e xerar novas oportunidades profesionais.
Este curso ofrece unha visión integral da comunicación aplicada á arquitectura, entendida como unha ferramenta estratéxica que acompaña o proxecto desde a súa concepción ata a súa difusión.
Ao longo de catro tardes abordaremos a construción do relato, a comunicación de proxectos, a relación cos medios, a planificación de contidos e o uso profesional das redes sociais. Traballaremos o posicionamento en buscadores con intelixencia artificial e o uso da IA como ferramenta de apoio para a comunicación do estudo.
A formación parte da experiencia profesional e da análise de casos reais. A través de proxectos, campañas e estratexias desenvolvidas para estudos de arquitectura, institucións e eventos do sector, ofrece criterios e ferramentas aplicables ao traballo cotián, de acordo coa maneira de proxectar e exercer a profesión de cada estudo.
- Comprender o papel da comunicación como parte do exercicio profesional da arquitectura.
- Aprender a construír un relato coherente do estudo e dos seus proxectos.
- Explicar a arquitectura a públicos diversos sen perder rigor técnico.
- Coñecer o funcionamento dos medios especializados e xeneralistas.
- Revisar a presenza dixital do estudo e identificar melloras para a súa visibilidade en buscadores e respostas de IA.
- Planificar unha estratexia de comunicación compatible co traballo cotián do estudo.
- Utilizar a intelixencia artificial para crear e organizar contidos con criterio e revisión crítica.
Este curso está dirixido a arquitectos, estudos de arquitectura e profesionais do sector AECO interesados en incorporar a comunicación como unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da súa actividade profesional.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 10/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: desde as 23:59 h do martes 10/11/2026 ata o luns 16/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
