Apoio á actividade profesional. Dispoñibilidade de sala para colexiados/as na Delegación da Coruña. Experiencia piloto de oficina aberta

27 Out 2026

En resposta á demanda dos nosos colexiados/as, unha das salas da Delegación da Coruña, a especificada no plano como box EPB1, estará dispoñible para que, en horario de apertura da Delegación, poidades reunirvos nela, para colaboracións profesionais ou académicas, así como para manter reunións puntuais cos vosos clientes, cuestións especialmente demandadas polos colexiados/as que traballades en rede.

Esta iniciativa permitirá o uso profesional eventual desta sala, previa reserva, para os colexiados/as da Delegación da Coruña ou para aquelas persoas colexiadas do COAG que, por cuestións de mobilidade xeográfica, precisedes dun espazo puntual nesta cidade.

A información sobre a sala dispoñible, as condicións de uso e sobre cómo realizar unha solicitude,  pódense consultar no seguinte enlace: https://portal.coag.es/sala-da-coruna/ Unha vez recibida  a solicitude, a mesma será validada polo COAG, que comunicará ao solicitante o que proceda respecto ao uso pedido.

Non dubidedes en contactar co persoal da Delegación da Coruña para calquera dúbida ou información complementaria sobre este servizo ou se precisades previamente consultar a dispoñibilidade de sala.

E finalmente, como membros da Xunta Directiva da Delegación da Coruña, queremos, ademais de manifestarte todo o noso aprecio e consideración, animarte a participar de forma activa na vida colexial, a trasladar as túas preocupacións e/ou suxestións, e a asistir ás actividades do COAG, e, moi especialmente, ás organizadas pola nosa Delegación.

Co desexo de poder contar co teu valor persoal e profesional, e de saudarte persoalmente en calquera dos actos da Delegación e/ou cando a ocasión o permita, recibe un ben cordial e ben fraternal saúdo.

Ruth Varela, Emilio Rodríguez Blanco e Fernando Añón,

Presidenta, Secretario e Tesoureiro da Xunta Directiva da Delegación da Coruña do COAG

presidenta.coruna@coag.es

secretario.coruna@coag.es

tesoureiro.coruna@coag.es 

Compartir