Onte, martes día 9 de setembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o COAG e a EGAP [+ enlace á convocatoria].
En base a dita convocatoria, dende as 9:00h de hoxe xoves, día 10 de setembro, está aberto o prazo de matrícula neste curso. A matrícula permanecerá aberta ata as 23.59 horas do día 20 de setembro ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Lembrámosvos que o curso, que se desenvolverá en formato presencial entre o 23 de setembro e o 21 de outubro, ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas:
- analizarase o marco legal polo que se rexe a contratación pública e a súa aplicación específica á contratación deste tipo de traballos.
- analizaranse de xeito completo e pormenorizada todos os procesos implicados na contratación pública de obras de arquitectura, desde os métodos de contratación ata o proxecto finalizado.
- abordaranse as posibles estratexias de contratación para as Administracións, a elaboración dos pregos técnicos e administrativos, os modelos de concursos, os custos, tanto da construción como da elaboración dos trabajos obxecto do contrato, as principais problemáticas asociadas á licitación da obra e tamén todo o proceso de execución, ata a súa completa finalización e recepción pola Administración.
- á análise dalgúns casos de éxito de contratación pública de traballos de arquitectura. Neste contexto, presentaremos a ferramenta informática PAUTA, desenvolta polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura ao amparo da Ley de Calidad de la Arquitectura.
No seguinte enlace pode consultarse a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores. A programación final podería ser obxecto de pequenos axustes: [+ enlace ao programa]
Datas e lugar de celebración:
O curso desenvolverase íntegramente en formato presencial, nas aulas da EGAP [rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela]. No programa indícanse as datas e o horario previsto para cada unha das xornadas. Terá unha duración de 33 horas que se distribuirán a razón de seis horas e media por semana, ordinariamente os mércores de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Matriculación:
Os colexiados COAG e as matrículas ordinarias poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os empregados públicos poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os importes de matrícula son os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 75 euros
- Arquitectos colexiados no COAG subscritos a formación e concursos: 50 euros
- Empregados públicos (arquitectos das AAPP e secretarios-interventores da AALL): 50 euros
(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2026, podedes solicitar a subscrición (nova consulta) no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, no apartado Realizar consultas da sección de Formación [+ enlace]
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Recoñecementos oficiais:
O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
