Gala de entrega dos Premios Gran de Area 2025

12 maio 2026

As Xuntas Directivas das delegacións de Pontevedra, Ourense e Vigo do COAG teñen o pracer de convidarvos á gala de entrega dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2025, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio no novo Auditorio de Marín, situado na Praza de España. O prazo de inscrición remata o mércores 20 de maio ás 13:00 horas.

O programa previsto para a xornada será o seguinte:

  • 17:00 h · Visita guiada á Escola Naval Militar de Marín, incluíndo o ximnasio deseñado por Eduardo Torroja.
  • 19:00 h · Recepción de asistentes.
  • 19:30 h · Inicio da gala de entrega de diplomas dos Premios Gran de Area 2025.

Ao remate do acto servirase un ágape para todas as persoas asistentes.

Durante a gala haberá tamén servizo de ludoteca. As persoas interesadas deberán indicalo no momento da inscrición.

Inscrición

As persoas colexiadas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario: [FORMULARIO]

No formulario poderá indicarse tamén o número de acompañantes, así como a asistencia á visita guiada da Escola Naval Militar. Os asistentes a esta visita deberán indicar nome e DNI de cada asistente, por requirimento da Escola Naval Militar.

Cómpre ter en conta que, debido ás normas de acceso da Escola Naval Militar, as prazas para a visita guiada son limitadas. No caso de superarse a capacidade dispoñible, darase prioridade ás persoas premiadas e posteriormente ao resto de persoas colexiadas por orde de inscrición.

Descontos en aloxamento

Os seguintes establecementos colaboradores ofrecen descontos especiais ás persoas asistentes durante os días do evento:

Pardavila Slow Hotel 57
Desconto do 10% os días 22, 23 e 24 de maio
Tel.: 686 651 591
hotelpardavila57@gmail.com
Código promocional: ARQ032026

Hotel Villa de Marín
Desconto do 15% entre os días 22 e 25 de maio
Tel.: 986 892 222
reservas@hotelvillademarin.com
Código promocional: COAGMARIN15

Compartir