Concurso de ideas, con intervención de xurado, para a definición de estratexias de transformación do bordo litoral da cidade da Coruña, dende o dique de abrigo até a praia de Oza

Posted by / 6 septiembre 2018 / Categories: Concursos, Publicada en Portada / 0 Comments

O obxecto deste concurso é xerar ideas e fomentar o debate público e cidadán sobre os terreos do porto da Coruña, desde o dique de abrigo ata o peirao de Oza para desenvolver un futuro plan director baseado no consenso cidadán coordinado por un técnico competente en ordenación do territorio.

A transformación do porto interior da Coruña será probablemente a oportunidade máis relevante á que se enfrontará a cidade nas próximas décadas. A oportunidade para repensarse e abrir novos horizontes para ter uns terreos portuarios 100% públicos, con clara vocación de solo produtivo, con especial atención ao sector pesqueiro, un espazo de referencia como motor económico que explore alternativas que sexan reversibles, respectuosas coa contorna e en sintonía coas demandas do tecido social. Un porto que supoña un enclave urbano significativo, como un espazo para reequilibrar os déficits da cidade e dos barrios en particular. Un porto que funcione como conector ambiental e articulador da mobilidade que dispoña dun modelo de gobernanza propio que integre participación, decisión colectiva e concertación cos axentes e que na súa construción chegue ao tecido social, un porto que sirva tamén para reafirmar aquilo que fai da Coruña unha cidade vivible, accesible e sustentable para todas as persoas.

Para iso o Concello da Coruña abre á cidadanía a posibilidade de debater, pensar e propoñer respostas integrais para os terreos portuarios da Coruña a través desta convocatoria pensada principalmente para equipos multidisciplinares pero na que é posible a participación de todas as persoas.

Páxina web do Concurso neste ENLACE (galego)


Concurso de ideas, con intervención de jurado, para la definición de estrategias de transformación del borde litoral de la ciudad de A Coruña, desde el dique de abrigo hasta la playa de Oza.

El objeto de este concurso  es generar ideas y  fomentar el debate público y ciudadano sobre los terrenos del puerto de a coruña, desde el dique de abrigo hasta el peirao de oza para desarrollar un futuro plan director basado en el consenso ciudadano coordinado por un técnico competente en ordenación do territorio.

La transformación del puerto interior de A Coruña será probablemente la oportunidad más relevante a la que se enfrentará la ciudad en las próximas décadas. La oportunidad para repensarse y abrir nuevos horizontes para tener unos terrenos portuarios 100% públicos, con clara vocación de suelo productivo, con especial atención al sector pesquero, un espacio de referencia como motor económico que explore alternativas que sean reversibles, respetuosas con el entorno y en sintonía con las demandas del tejido social. Un puerto que suponga un enclave urbano significativo, como un espacio para reequilibrar los déficits de la ciudad y de los barrios en particular. Un Puerto que funcione como conector ambiental y articulador de la movilidad que disponga de un modelo de gobernanza propio que integre participación, decisión colectiva y concertación con los agentes y que en su construcción llegue al tejido social, un puerto que sirva también para reafirmar aquello que hace de Coruña una ciudad vivible, accesible y sostenible para todas las personas.

Para ello el Concello de A Coruña abre a la ciudadanía la posibilidad de debatir, pensar y proponer respuestas integrales para los terrenos portuarios de A Coruña a través de esta convocatoria pensada principalmente para equipos multidisciplinares pero en la que es posible la participación de todas las personas.

Página web del Concurso en este ENLACE (castellano)

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas en as que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram