Declaración do COAG para salvar do derrubo a “Casa Benedicto” en Navia de Suarna

5 Out 2017

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 10/2017 celebrada o 28 de setembro en Santiago de Compostela, adoptou o acordo de solicitar ó Concello de Navia de Suarna desista da súa vontade de derrubo da “Casa Benedicto” e promova a súa protección que evite o deterioro deste edificio modernista.

O Colexio Oficial de Arquitectos, ten en consideración para esta solicitude, o especial valor deste edificio, singular mostra da arquitectura modernista nos Ancares.

Atópase no centro da vila, cunha importante presenza na praza, destacando polo seu estilo, tipoloxía e volumetría, así como pola influencia de elementos patrimoniais do contorno como a Ponte Vella ou o Castelo.

Posúe este núcleo un singular valor histórico, nunha contorna característica dos Ancares, de extraordinarios valores paisaxísticos que debería non só facer desistir do derrubo deste edificio, senón que tamén promova a recuperación e posta en valor do conxunto así como o a concreta protección patrimonial da Casa Benedicto.

O edificio foi de propiedade privada hai anos pero foi adquirido polo Concello, que é quen pode responder agora aos valores sinalados, outorgándolle a consideración que merece.

O Colexio de Arquitectos e os arquitectos galegos ofrecen a súa axuda e colaboración en defensa dos valores, recoñecemento e posta en valor da calidade da arquitectura de Galicia.


Declaración del COAG para salvar del derribo la “Casa Benedicto” en Navia de Suarna

La Xunta de Goberno del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en su sesión 10/2017 celebrada el 28 de septiembre en Santiago de Compostela, adoptó el acuerdo de solicitar al Ayuntamiento de Navia de Suarna desista de su voluntad de derribo de la “Casa Benedicto” y promueva su protección que evite lo deterioro de este edificio modernista.

El Colexio Oficial de Arquitectos, tiene en consideración para esta solicitud, el especial valor de este edificio, singular muestra de la arquitectura modernista en los Ancares.

Se encuentra en el centro de la villa, con una importante presencia en la plaza, destacando por su estilo, tipología y volumetría, así como por la influencia de elementos patrimoniales del entorno como el Puente Viejo o el Castillo.

Posee este núcleo un singular valor histórico, en un entorno característico de los Ancares, de extraordinarios valores paisajísticos que debería no sólo hacer desistir del derribo de este edificio, sino que también promueva la recuperación y puesta en valor del conjunto así como lo la concreta protección patrimonial de la Casa Benedicto.

El edificio fue de propiedad privada hace años pero fue adquirido por el Ayuntamiento, que es quien puede responder ahora a los valores señalados, otorgándole la consideración que merece.

El Colexio de Arquitectos y los arquitectos gallegos ofrecen su ayuda y colaboración en defensa de los valores, reconocimiento y puesta en valor de la calidad de la arquitectura de Galicia.

Compartir