Biblioteca

Biblioteca

A Biblioteca do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é unha biblioteca especializada en arquitectura, construción, urbanismo, paisaxismo e deseño. Os seus fondos conteñen máis de 11.000 volumes, revistas e material audiovisual.

A súa misión consiste no depósito, conservación, ampliación, actualización e difusión dos seus fondos, proporcionando ós usuarios os instrumentos de referencia necesarios para o seu coñecemento e emprego.

O acceso é libre para todos aqueles interesados nos seus fondos, sendo o préstamo restrinxido aos arquitectos colexiados en Galicia.

Horario
mañás: de luns a venres, de 10:00 a 14:00

Contacto
Plaza da Quintana, 3
15704 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 552400 (ext. 1142)
Fax: 981 561658
correo-e: biblioteca@colexiodearquitectos.org

Servizos da biblioteca

Lectura en sala
Para os colexiados, público especializado (licenciados, estudantes universitarios e profesionais) e todos aqueles interesados nos fondos desta Biblioteca.
Préstamo
O préstamo está restrinxido aos arquitectos colexiados. Estes poderán retirar en préstamo calquera dos fondos (libros, revistas, vídeos, DVD, etc.) previa solicitude, xa sexa de forma presencial, por teléfono ou correo-e.
Préstamo por valixa
Os colexiados de todas as Delegacións poderán solicitar o préstamo a través de teléfono, fax ou correo-e, sendo remitidos os documentos ó día seguinte a calquera Delegacións do Colexio de Arquitectos. A devolución do material prestado realizarase polo mesmo sistema.
Información bibliográfica
Facilitarase aos colexiados que así o requiran, información bibliográfica sobre o tema solicitado.
Apoio á investigación
Calquera colexiado que estea realizando traballos de investigación, teses, doutoramento, etc., pode solicitar o apoio da Biblioteca para a busca de información así como asesoramento na redacción de bibliografía, fontes de información, etc.
Reprografía
A Biblioteca ofrece un servizo de fotocopias e escaneado, sempre de acordo coa norma legal vixente en canto aos dereitos de autor.
Pregunte á Biblioteca
Servizo de atención personalizado aos colexiados sobre buscas, fontes de información, e formación de usuarios.

Normas de préstamo

Número de documentos
3 libros + 3 revistas + 3 audiovisuais
Duración do préstamo
20 días prorrogables por outro período de igual duración.
Renovación do préstamo
Renovarase por un período de igual duración, sempre e cando o exemplar non fora solicitado por outro lector. A renovación poderase facer por teléfono o correo-e.
Reservas
O colexiado terá a posibilidade de solicitar a reserva dun libro xa prestado, sendo avisado cando este sexa devolto.
Préstamo: solicitude, envío e devolución
Solicitude

Envío a delegacións
Servizo gratuíto de envío por valixa, recibirase o día seguinte de facer a solicitude.
Devolución
Entregando na biblioteca ou nas delegación indicando que é devolución de préstamo.
Incumprimento das normas
O usuario ten a obriga de devolver os documentos en préstamo dentro da data límite. En caso de incumprimento do prazo, a Biblioteca requirirá o usuario para que devolva a obra. Non se lle prestarán documentos a ningún usuario que teña outros en préstamo con prazos de devolución vencidos mentres non os devolva ou renove.
Perda ou deterioro
Nestes casos o usuario deberá restituír a obra prestada por outro exemplar da mesma edición. Se a obra está esgotada terá que adquirir e entregarlle á biblioteca outra de características similares. Mentres non se restitúa a obra, o usuario quedará excluído do servizo de préstamo.

 

Consulta catálogos

Consulta de fondos bibliográficos informatizados

Se non atopas o que buscas, contacta con nós no correo-e biblioteca@colexiodearquitectos.org

 

Recursos en internet

Bases de datos e catálogos

Portales de arquitectura

Fondos dixitais a texto completo

Recursos e revistas electrónicas

Outros enlaces de interese