X Xornadas de Arquitectura e Deseño

0
Posted by / 22 octubre 2019 / Categories: Axenda / 0 Comments
Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza o próximo 8 de novembro, no edificio Cinc, da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, as X XORNADAS DE ARQUITECTURA E DESEÑO, en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal, XERA. O deseño ten unha influencia decisiva no desenvolvemento de produtos, servizos e contornas mellor adaptados ás necesidades e preferencias dos usuarios.

Trátase dun encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de ideas.
PROGRAMA

09:30 horas.– Benvida e inauguración

10:00 horas.- Madeira como argumento
Intervención de MRM Arquitectos
Estudio especializado en arquitectura, deseño e urbanismo e con experiencia probada en interiorismo e paisaxismo. A súa actividade baséase na colaboración interdisciplinar entre profesionais de campos moi diversos, que comparten e reforzan o seu enfoque para mellorar a sociedade e a contorna construída.
O seu traballo foi premiado en diferentes concursos nacionais e internacionais, sendo obxecto de publicacións en diferentes medios de comunicación.
10:45 horas.- Interiorismo Estratéxico, unha razón para crer no deseño
Intervención do deseñador de interiores, IVÁN COTADO
Estudio de Interiorismo Estratéxico e artesanal. O lema do seu estudio, «Deseñamos Interiores. Creamos negocios», representa un interiorismo versátil, global e artesanal centrado en optimizar a rendabilidade do negocio. Cotado entende o interiorismo como parte esencial do marketing empresarial, como unha ferramenta máis para contribuír ao posicionamento obxectivo da marca e ao bo funcionamento do modelo de negocio, posto que o interiorismo representa un papel protagonista na experiencia do cliente en tenda e, por tanto, ten unha influencia directa na conta de resultados de calquera negocio.
12:00 horas.- Deseñodependencia
                      Intervención de Pablo Crespo, xerente de Imaisdé Design Studio
Enxeñeiro en Deseño Industrial pola Universidade de Nebrija con dobre MA Deseño de Produto e Arquitectura Interior pola Scuola Politécnica di Design Milano. Na actualidade é xerente de Imaisdé Design Studio, equipo multidisciplinar que traballa baixo a premisa de que só a través dun deseño innovador, as empresas poderán ser competitivas. A súa filosofía é clara: innovación, funcionalidade, creatividade e deseño en termos de absoluta innovación, creando novos conceptos e proxectos innovadores que resulten atractivos para o consumidor.

12:45 horas.– MESA REDONDA: Deseño e Industria

Os relatores debaten sobre a importancia estratéxica que ten que o deseño, arquitectura e industria camiñen cara unha mesma dirección. Que está a fallar? Onde hai que poñer o foco? Como se poden complementar os diferentes profesionais do sector? Que papel xoga a madeira?
Empresarios do CMD incorporaranse a esta mesa redonda para contar, a maiores, coa visión industrial.

MODERA A MESA REDONDA: Luis Gil Pita
Arquitecto pola ETSAC en 1997, ano dende o que colabora no estudio de Manuel Gallego Jorreto ata 1999. Becado de investigación en Holanda cun estudo sobre o fronterizo e liminar en arquitectura, pola Deputación da Coruña, foi posteriormente Profesor convidado na área de Proxectos da Facultade de Arquitectura de Guimarés. Dende o inicio da súa carreira publicou, asiduamente, artigos e participou como editor en diferentes publicacións arredor da arquitectura. Comparte estudio de Arquitectura con Cristina Nieto.
14:00 horas.- FIN DA XORNADA DA MAÑÁ
16:00 horas.- CHARLA DIÁLOGO CON PROFESIONAIS DO SECTOR DA MADEIRA (arquitectos, deseñadores e industria)

Tertulia entre os asistentes das xornadas para que, dunha forma distentida e amena, compartan as súas impresións, inquedanzas e novas fórmulas de aplicación da madeira no seo das empresas. Posibilidade de compartir sinerxias, coñecementos e tratar, de maneira directa, con diferentes perfís profesionais.

O diálogo será de ti a ti, sen ter ninguén un protagonismo destacado fronte aos outros. Simplemente haberá un moderador co gallo de que non decreza o interese.

DINAMIZADOR DA CHARLA-DIÁLOGO: José Ángel Carreira Montes
Profesor asociado da ETSAC (Departamento de construcións arquitectónicas) dende 2001, Carreira Montes é un apaxionado da madeira, así o demostra a multitude de obras que ten onde a madeira xoga un papel principal, como a gardería infantil de Fontiñas, en Lugo ou as instalacións de Remo e Piragüismo, en Mazaricos, entre outras moitas. Obtivo numerosos recoñecementos durante a súa trraxectoria profesional e liderou diferentes exposicións a nivel nacional e internacional.
18:00 horas.- FIN DA XORNADA 
QUERO INSCRIBIRME ÁS XORNADAS
[[ O prazo de inscrición remata o vindeiro 5 de novembro ]]

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram