Día Mundial da Arquitectura 2014

Posted by / 1st Octubre 2014 / Categories: Axenda, coag, Cultura / Tags: , / 0 Comments

CIDADES SAUDABLES, CIDADES FELICES

O próximo luns 6 de outubro celebraremos o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema Cidades saudables, Cidades felices dacordo á convocatoria anual que fai a UIA (Unión Internacional de Arquitectos) invitando a desenvolver actividades que remarquen o papel dos arquitectos e a arquitectura na vitalidade dos asentamentos humanos e do benestar dos seus habitantes.

O obxectivo das actividades é amosar como os arquitectos podemos deseñar e construir espazos, instalacións, vivendas e paisaxes urbanas saudables que fomenten a felicidade, a saude e a calidade de vida da cidadanía.

O exercicio do deseño arquitectónico ético e responsable é irrenunciable para contribuir de xeito efectivo á acadar para a cidadanía un medio construído sustentable. E este renovado compromiso debe guiar todas e cada unha das nosas actuacións no marco do noso exercicio profesional co que debemos dar resposta á función social da Arquitectura.

As actividades desenvolvidas polo COAG no Dia Mundial da Arquitectura 2014 queren amosar as practicas e actuacións no contexto do seu impacto no espazo urbano e no territorio na salvagarda de todolos elementos que contribuen á saude dos asentamentos humanos.

 

PROGRAMA:

DELEGACIÓN DE A CORUÑA:
SEMANA DA ARQUITECTURA

•Dia 7 – 13:00 H.- Na Delegación do COAG, sesión crítica dos proxectos presentados aos últimos concursos de mobilidade convocados polo concello de A Coruña a cargo de Andrés Reboredo, membro do xurado en representación do COAG. Estos proxectos están expostos na Delegación en Federico Tapias.

•Dia 8. Inauguración do curso da UIMP sobre rehabilitación urbana no que se traballará sobre as instalacións militares de Os Pelamios, que serán visitadas ese mesmo día. O curso desenvolverase ao longo dos días 8, 9 e 10 de outubro na Delegación do COAG.

•Dia 9 – 19:30 H. A Fundación Luis Seoane súmase á celebración do Día Mundial da Arquitectura coa inauguración do seu Curso de Arquitectura: Acerca da integración das Artes cunha charla de Andrés Albalat: Sonido. Acústica. Tema con variacións.

 •Dia 16. Inauguración da Exposición sobre a obra do arquitecto Carlos Meijide

DELEGACIÓN DE LUGO:

A Delegación de Lugo plantea dous temas de reflexión sobre a cidade a través de dous proxectos contrapostos: As Casas Baratas da Colonia Miño e A Muralla Limpa, dúas formulacións sustanciais na fisonomía urbana de Lugo, co obxectivo de facer desta urbe unha cidade mais saudable e mellor planificada.

•Dia 8 – 20:00 H.- Na Delegación do COAG, charla coloquio con Ana Goy Diz, profesora de Hª da Arte da USC.

DELEGACIÓN DE OURENSE:
SEMANA DA ARQUITECTURA

•Dia 6 – 12:00 H.- Visita río Barbaña: 2.000 anos de termalismo, 2.000 anos de saude,  2.000 anos de esquecemento. Roteiro  pola marxe dereita do río ata a praza de Abastos.

•Dia 8 – 19,00 H.- Novos equipamientos. Visita ao Centro de Coñecemento La Molinera,  guiada polos arquitectos directores da obra: Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez.

•Dia 10 – 17,30 H.- No centro Municipal José Ángel Valente, charlas de Miguel Doval Garza (Anacos de cidade) e o arquitecto Pedro Dieguez: Historia e proxecto da antiga fábrica de La Molinera.

•Dia 12 – 11,00 H.- No centro Municipal José Ángel Valente, Taller de Arquipeques, programa didáctico destinado a implicar aos mais cativos co mundo que lles rodea e espertar o seu interese polo medio construído.

DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA:

•Dia 6 – 17:00 H.- Paseo polo Rio Gafos coa presenza de autoridades locais e cos representantes e asociados da Asociación Vaipolorio, que será homenaxeada este ano pola súa contínua e exemplar aportación desde o ano 2001 en labores de recuperación, limpeza, posta en valor e difusión da riqueza medioambiental do Río Gafos, desde o seu nacemento en Figueirido ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra. Descubrirase unha placa conmemorativa en homenaxe á Asociación Vaipolorio. O punto de encontro será no cruce de Alcalde Hevia e Fernández Ladreda ás 17:00 H.

•Dias 14 de outubro, 4 e 11 de novembro – 17:00 H.- No Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal de Pontevedra, Ciclo de proxección de documentais sobre Arquitectura en colaboración co Cine Clube Pontevedra, Fundación ARQUIA e Concello de Pontevedra. Entrada gratuita. O programa de proxeccións é o seguinte:

  • Dia 14 de Outubro:            Antonio Gaudí – Richard Neutra – Luis Barragán
  • Dia 4 de Novembro:           Lucio Costa – Julius Shulman – Jorn Utzon
  • Dia 11 de Novembro:         Álvaro Siza – Kisho Kurokawa. Nagakin – Renzo Piano

DELEGACIÓN DE VIGO:

•Dia 6 – 12:00 H.- Percorrido polo Rio Lagares co obxectivo de ampliar o nivel de coñecemento, sensibilidade e capacidade de esixencia da cidadanía, e divulgar o desenvolvemento urbanístico de mellora e recuperación do río. Saida dende o estadio de Balaidos ata o Caramuxo.

•Dia 6 – 18:30 H.- Na Delegación do COAG en Vigo, charlas sobre “As posibilidades actuais do planeamento xeral e a potencialidade do río e A cidade como xogo limpo, presentando propostas de intervención de para a mellora de ámbitos deteriorados pola industria. Os poñentes serán as arquitectas Belén González, Marta Vilas e Iria Sobrino, o arquitecto Anxo de la Puente e Raimundo Calviño Iglesias.

DELEGACIÓN DE FERROL:
SEMANA DA ARQUITECTURA

Conxunto de actividades co obxectivo de experimentar o espazo público cunha visión renovada, convertindoo nun foco de información e de análise das posibles actuacións na cidade e da súa repercusión na saude e a felicidade da cidadanía.

Todas as actividades celebraranse  na Esquina da Rúa Dolores e Praza de Amboage, donde proxectaranse as imaxes sobre o lateral da Igrexa de Dolores (en caso de choiva, realizarase na sala de exposicións da delegación).

•Dia 6 de Outubro

21.00 horas: Charla: Intervencións de recuperación e rexeneración de canles fluviais. Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, “Betula”, unha asociación de custodia creada na Bisbarra que leva adiante accións de custodia como a limpeza de ríos, a divulgación da riqueza natural dos contornos urbanos e asesoramento a propietarios de terreos.

Charla: Cidades Verdes. A Horta Comunitaria de Caranza, colectivo que ocupa e cultiva terreos públicos “ociosos” do barrio, reivindicando co seu traballo que as diferentes administracións públicas creen emprego directamente sacando á xente do paro.

21.30-23.00 horas: Proxección de conferencias e documentais:

High Line de New York. O NY High Line é un parque que entrega aos cidadáns un percorrido lonxitudinal en altura ofrecendo privilexiadas vistas sobre a cidade. O devandito parque xorde da transformación das antigas vías elevadas que percorrían Manhattan.

Recuperación do río Fez. Aziza Chaouni explica o proceso de recuperación do Río Fez, que atravesa a Medina de Fez, rexenerando novos espazos anteriormente ocupados por construcións masivas, vertedoiros e aparcadoiros.

Santiago Cirugeda: revisión do seu último proxecto: a reconversión dunha fábrica de cemento abandonada nun centro cultural.

•Dia 7 de Outubro

21.00 horas: Charla: O Mercado de Caranza.

21.30-23.00 horas: Proxección de conferencias e documentais:

Curitiba: Jaime Lerner reinventou o espazo urbano do seu Curitiba natal, Brasil. Ao mesmo tempo cambiou a forma dos urbanistas do mundo de ver o que era posible na paisaxe metropolitana.

Francis Keré. Móstranos algunhas das edificacións que axudou a construír no seu pequeno pobo natal, incluíndo a galardoada escola en arxila construída por toda a comunidade.

Xavier Vilalta. Arquitectura na casa na súa comunidade. Vilalta mostra como se defende un enfoque alternativo: aproveitando a natureza, a tradición de deseño e creando edificios axeitados para unha comunidade.

•Dia 8 de Outubro

21.00 horas: Charla: Rexeneración urbana mediante espazos dixitais – bits e ladrillos. Conferencia impartida por Santiago González.

21.30-23.00 horas: Proxección de imaxes que nos permitan variar a nosa percepción dos espazos coñecidos. O mar, un bosque ou o ceo plasmado no medio da zona urbana.

DELEGACIÓN DE SANTIAGO:

•Dia 6 -12:30 H.- Rolda de Prensa Día Mundial da Arquitectura. Convocatoria do concurso para a E.E.I “Os Anxeles”-Brión, co anuncio e publicación das bases, un proxecto que será referencia de colaboración entre asociacións, fundacións sociais, empresas e profesionais.

•Dia 6 – 18:30 H.- Visita ao Colexio “Os Anxeles” con paseo polo contorno.

•Dia 30 de Outubro.- Reunión dos concursantes con empresas da Madeira para compartir materiais e dubidas.

•Dia 20 de Novembro.- Data límite para a entrega das propostas.

•Do 27 de Novembro ao 3 de Decembro.- Reunión do xurado e selección dos tres finalistas. As Asociacións da madeira disporan de unha ou duas semanas, antes do Nadal, para buscarlles empresas aos finalistas que executaran unha proposta definitiva ata o 29 de XANEIRO. Se existe unha empresa que propon xa a execución con un determinado mateiral, este incorporase a convocatoria e estará xa dispoñible a traves dos servizos técnicos de esta empresa en estas datas.

Deste xeito esperamos poder ter un gañador na semana do 2 ao 7 de FEBREIRO, datas fixadas coas Fundación que financián o proxecto, PAIDEA e AGADER

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter