Convenio para elaborar un Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe)

0
Posted by / 7 noviembre 2018 / Categories: Axenda, coag, Liñas de Traballo, Publicada en Portada / 0 Comments

A Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos e a Universidade de Santiago asinaron, o pasado 5 de novembro, un convenio de colaboración para elaborar un Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe)

A Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela traballarán conxuntamente para a fixación de criterios para rehabilitar espazos degradados nas áreas urbanas que declare a futura Lei de rehabilitación, a primeira de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron un convenio de colaboración -por un importe de máis de 60.0000 euros- para impulsar un grupo de traballo, coordinado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), para elaborar un documento modelo de Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe) que desenvolva e concrete os contidos mínimos esixidos para rehabilitar este tipo de espazos, zonas degradadas desde un punto de vista arquitectónico e social.

Ao longo de 2018 e 2019, este grupo será o encargado de desenvolver o documento no que se establecerán os contidos mínimos que deberán incluír o Plan de dinamización das áreas Rexurbe que se declaren ao abeiro do establecido na futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que acaba de ser remitida ao Consello Económico e Social para a súa valoración.

O anteproxecto da devandita lei define estas Áreas Rexurbe coma “aqueles ámbitos coa consideración de conxuntos históricos con declaración de ben de interese cultural (BIC) e nas que conflúan tres supostos: áreas degradadas arquitectonicamente, áreas con situacións demográficas delicadas –como son o envellecemento poboacional ou a sobrepoboación- ou áreas na que existan certos problemas económicos ou sociais”.

A conselleira concretou que o desenvolvemento destas zonas requirirá a aprobación dos Plans de dinamización das Áreas Rexurbe, por parte dos concellos, polo que poderán usar o modelo que se elabora como base para redactar os seus plans de dinamización, que deberán estar adaptados ás características de cada área Rexurbe.

Desta maneira, o plan de dinamización terá como obxecto coordinar as actuacións públicas e privadas destinadas á dinamización e rexeneración do ámbito de cada Área Rexurbe, impulsando a recuperación da actividade económica, fomentado a mellora da habitabilidade das vivendas e das condicións de vida das persoas residentes, procurando atraer novos habitantes e garantindo a conservación dos valores patrimoniais do conxunto e dos seus elementos singulares.

(fonte: Xunta de Galicia)


Convenio para elaborar un Plan de dinamización de las áreas de regeneración urbana de interés autonómico (Rexurbe)

La Xunta de Galicia, el Colexio Oficial de Arquitectos y la Universidade de Santiago firmaron, el pasado 5 de noviembre, un convenio de colaboración para la elaboración de un Plan de dinamización de las áreas de regeneración urbana de interés autonómico (Rexurbe).

La Xunta de Galicia, el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia y la Universidade de Santiago de Compostela trabajarán conjuntamente para la fijación de criterios para rehabilitar espacios degradados en las áreas urbanas que declare la futura Ley de rehabilitación, la primera de Galicia.

La conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, el decano del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, y el rector de la Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, firmaron esta mañana el convenio de colaboración -por un importe de más de 60.0000 euros- para impulsar un grupo de trabajo, coordinado por el Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), para elaborar un documento modelo de Plan de dinamización de las áreas de regeneración urbana de interés autonómico (Rexurbe) que desarrolle y concrete los contenidos mínimos exigidos para rehabilitar este tipo de espacios, zonas degradadas desde un punto de vista arquitectónico y social.

A lo largo de 2018 y 2019, este grupo será el encargado de desarrollar el documento en el que se establecerán los contenidos mínimos que deberán incluir el Plan de dinamización de las áreas Rexurbe que se declaren al amparo de lo establecido en la futura Ley de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia, que acaba de ser remitida al Consello Económico e Social para su valoración.

El anteproyecto de la dicha ley define estas Áreas Rexurbe como “aquellos ámbitos con la consideración de conjuntos históricos con declaración de bien de interés cultural (BIC) y en las que confluyan tres supuestos: áreas degradadas arquitectónicamente, áreas con situaciones demográficas delicadas –como son el envejecimiento poblacional o la sobrepoblación- o áreas en la que existan ciertos problemas económicos o sociales”.

La conselleira concretó que el desarrollo de estas zonas requerirá la aprobación de los Planes de dinamización de las Áreas Rexurbe, por parte de los ayuntamientos, por lo que podrán usar el modelo que se elabora como base para redactar sus planes de dinamización, que deberán estar adaptados a las características de cada área Rexurbe.

De esta manera, el plan de dinamización tendrá como objeto coordinar las actuaciones públicas y privadas destinadas a la dinamización y regeneración del ámbito de cada Área Rexurbe, impulsando la recuperación de la actividad económica, fomentando la mejora de la habitabilidad de las viviendas y de las condiciones de vida de las personas residentes, procurando atraer nuevos habitantes y garantizando la conservación de los valores patrimoniales del conjunto y de sus elementos singulares.

(fuente: Xunta de Galicia)

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram