Asesoramento aos colexiados para a adecuación ao novo Regulamento de Protección de Datos

20 xuñ 2018

Desde o pasado 25 de maio é plenamente aplicable o novo “Reglamento europeo de protección de datos (UE 2016/679)” (RGPD) que unifica e actualiza a normativa europea sobre protección de datos, reforzando os dereitos dos cidadáns sobre os seus datos persoais.

Na medida na que no exercicio da nosa actividade profesional como arquitectos tratamos con datos persoais, de clientes propios ou alleos, este novo regulamento resúltanos de aplicación.

Co obxecto de facilitar aos colexiados información e referencias que lles permitan valorar que supón a aplicación do RGPD no seu estudio, así como para resolver as dúbidas que poidan xurdir neste eido, vense de habilitar un novo apartado específico na web colexial, desde o que todos os colexiados poden acceder de xeito gratuíto a…

  • Guía para á adecuación ao RGPD dun estudio/autónomo de arquitectura “tipo” en oito pasos. Contén unha serie de directrices para os profesionais da arquitectura como  responsables e encargados de tratamentos, baseada nos criterios e recomendacións publicados pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).
  • Novo ámbito de consultas telemáticas sobre a aplicación do RGPD, a través do que os colexiados poderán formular as súas dúbidas respecto da aplicación do regulamento.
  • A partir das cuestións máis frecuentes formuladas polos colexiados, xenerarase neste mesmo apartado unha sección de Preguntas e respostas máis frecuentes.

Compartir