Novidades para 2022 nas cotas de colexiación e visado

17 Dec 2021

En relación cos asuntos a tratar na Xunta Xeral ordinaria a celebrar o vindeiro 22 de decembro, indicase a continuación un resumo das principais novidades do presuposto 2022, no que respecta a cota e a prezo do visado.

Dada a evolución dos ingresos do Colexio de Arquitectos durante este ano 2021, e aínda que estamos nun período inflacionista, de subida de prezos e cunha taxa interanual do IPC rexistrada en novembro dun 5,5%, desde a Xunta de Goberno do Colexio propoñemos no presuposto colexial para 2022 unha baixada nos prezos das cotas de colexiación, un incremento nas bonificacións dos servizos contratados e unha redución do prezo da unidade de complexidade nos servizos de visado.

Estímase que a actividade en 2021 pechará cun aumento estimado dun 15%, debido, principalmente,  ó aumento de visado de proxectos de vivenda unifamiliar. Estes proxectos teñen un peso dun 56% sobre os ingresos totais  de visado.  A consecuencia do período de incerteza no que nos atopamos debido a crise pos-pandemia, de transportes, enerxética… non se estima un aumento continuo da actividade para 2022 senón que se prevé que será una actividade semellante á deste ano.

Esta previsión tradúcese nunha baixada dos prezos do servizo de visado para mantelos estables en relación con ese aumento da actividade orixinada en 2021 e que prevemos se manteña en 2022.

Pode consultase a documentación das cotas, novidades e presuposto na zona de Xunta Xeral do Panel de Servizos, neste ENLACE.

Compartir