Webinares “Transformación dixital nas PEMES” – 10 e 11 de decembro

4 Dec 2020

Os días 10 e 11 de decembro, o IGAPE e a Universidade de Santiago de Compostela organizan 2 webinares sobre dous temas de gran actualidade en relación coa dixitalización das empresas.

Conferencia ‘Upskilling e reskilling dixital nas pemes’

10.12.2020 | 16.30h-17.30h

Panelistas:
– NURIA TORRIJOS LLEDÓ. Directora línea de digitalización, CEOE Campus
– SANTI GARCÍA. cofundador de Future for Work Institute.
– VERÓNICA GARCÍA. Project manager en el área Social de Forética y responsable del proyecto Upskill4Future.

A automatización e a dixitalización son un enorme reto para traballadores/as, empresas e administracións en relación ás competencias dixitais que deben posuírse para afrontar as oportunidades de emprego e actividade empresarial. Este webminar tratará de aportar unha visión práctica para asumir ditos retos.

O seminario en liña ‘Upskilling e reskilling dixital nas pemes’ contará coa participación de Nuria Torrijos Lledó, directora liña de dixitalización, CEOE Campus; Santi García, cofundador de Future for Work Institute; e Verónica García, project manager na área Social de Forética e responsable do proxecto Upskill4Future. Podes inscribirte nesta ligazón.

Conferencia ‘Retos e dificultades das pemes na transformación dixital’

11.12.2020 | 09.30h-10.30h

Panelistas:
– CARMEN ALONSO CAÑADA. Global Head of Banking, Leisure, Insurance & Education. Telefónica IoT&Big Data Tech
– CRISTINA ARANDA GUTIÉRREZ. Desarrollo de Negocio para Europa en Taiger y Co-fundadora de Mujeres Tech
– JOSÉ LUÍS MADRID GARCÍA. CEO Sicasoft

A estratexia de transformación dixital é fundamental para as empresas, e supón un gran reto para as pemes dadas as súas dimensións. A conferencia ‘Retos e dificultades das pemes na transformación dixital’ analizará os elementos esenciais para levar a cabo esta transformación aportando competitividade ás empresas.

O evento, que pode seguirse en directo nesta ligazón, contará coa participación de Carmen Alonso Cañada, global head of Banking, Leisure, Insurance & Education (Telefónica IoT&Big Data Tech), Cristina Aranda Gutiérrez, responsable de desenvolvemento de negocio para Europa en Taiger e cofundadora de Mujeres Tech; e José Luís Madrid García, CEO Sicasoft.

Inscrición nesta ligazón.

Compartir