O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, grazas á colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, as VI Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira. Debido á situación excepcional que estamos a vivir, a edición deste ano celebrarase de maneira online, a través da plataforma Zoom (enviarase o link ás persoas inscritas).

O obxectivo destas Xornadas é poñer en común os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira e coñecer as particularidades que presenta este material a través das experiencias de recoñecidos profesionais neste eido. Abrirase unha mesa de diálogo entre os relatores que será moderada pola secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elvira Carregado.

A cita será o 13 de novembro, a partir das 10:00 horas.

PROGRAMA

10:00 horas.- Benvida e Inauguración

José Ignacio Lema, director da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA
José Manuel Iglesias, presidente do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, CMD


10:10 horas.- Casa para unha artista. Intervención de Castroferro Arquitectos.

 

Estudio de arquitectura ubicado en Vigo que centra o seu traballo en dúas grandes liñas: os concursos de arquitectura e a obra de vivenda. Co gallo de poder ofrecer un servizo completo, traballan especificamente os espazos dende os coñecementos da arquitectura e o interiorismo, cunha implicación máxima na búsqueda de lugares confortables e que melloren a calidade de vida dos seus clientes.


10:30 horas.- Restauración da Catedral de Mondoñedo. Intervención de Antonio Pernas.

 

Deseña arquitectura moderna de alta calidade. O estudio pon un forte énfase na relación entre o edificio e o seu contorno e unha utilización sensible do espazo, os materiais de construción, a luz natural. Traballan co desexo de que cada proxecto sexa unha intervención orixinal á medida do cliente, o sitio, o programa e o orzamento. Empregan un alto abanico de materiais, combinando técnicas construtivas tradicionais e novidosas. A maioría dos seus proxectos desenvolvénse a través dunha narrativa particular.


10:50 horas.- Ola madeira e o por que dalgunhas cousas. Intervención de Ola Estudio.

 

O seu obxectivo é explorar as posibiliades dos seus clientes. Explotar as oportunidades do deseño e a arquitectura para optimizar os recursos. A súa actividade concíbese desde o interese polo traballo creativo a pequena escala ata o urbanismo consciente da realidade actual e os novos retos, entendendo que outras maneiras de facer e proxectar son indispensables.


11:20 horas.- MESA REDONDA: Retos da rehabilitación en Madeira. Cara un futuro sostible

Os relatores debaterán sobre os principais retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira, así como os problemas detectados á hora de traballar con este material e as solucións atopadas. Compartirán cos asistentes virtuais as súas experiencias neste eido, expoñendo inquedanzas e diferentes visións profesionais.
MODERA O DEBATE
Elvira Carregado
secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 


12:00 horas.- Proxección audiovisual da intervención realizada nunha vivenda unifamiliar en Sar, Santiago de Compostela, por Ansede Quitáns Arquitectos.

Ansede Quintáns compartirá, a través dun vídeo realizado na vivenda unifamiliar de Sar, en Santiago de Compostela, as reviravoltas dunha rehabilitación que sorprende polo estado inicial no que se atopaba o proxecto. Os arquitectos farán un percorrido polos espazos máis comprometidos e amosarán as solucións empregadas para chegar á vivenda actual.


12:20 horas.- Fin da Xornada


Quero inscribirme ás Xornadas MáisMadeira


[[A inscrición é gratuíta. O prazo remata o vindeiro10 de novembro de 2020]]