Mesa redonda “A Arquitectura desde a perspectiva de xénero”

8 Xul 2024

Como remate dos actos que organiza o COAG-Vigo dentro do  marco do  festival TAC! , o vindeiro venres 12 de xullo terá lugar unha mesa redonda para debater sobre a incidencia das cuestións de xénero no deseño das cidades e das edificacións.

Esta xornada pretende poñer en valor as particularidades e características da mirada feminina na arquitectura, a través dos traballos e experiencias de catro compañeiras arquitectas.

Interveñen :
Ponentes:

  • Ana Amado
  • Elvira Carregado.
  • María Fandiño.
  • Rosa Mouriño.

Modera:

  •  Modera: Paula Cabaleiro. Membro do Consello da Cultura Galega.

Data: Venres 12 de xullo.
Hora: 19:00 h.
Lugar: Pabellón TAC!. Porta do Sol,Vigo.

A entrada é libre, sendo imprescindible a inscrición a través da seguinte LIGAZÓN

Convidámosvos a acudir, e participar.

Compartir