O vindeiro venres 4 de novembro, ás 12,30 horas, terá lugar na Delegación de Vigo (rúa Doutor Cadaval, 5), unha Mesa Redonda en homenaxe a Xosé Bar Bóo con motivo do centenario do seu nacemento.
Intervirán:
- Manuel Gallego Jorreto. Arquitecto. Premio Nacional de Arquitectura. Membro da Academia Galega de Belas Artes.
- César Portela Fernández-Jardón. Arquitecto. Premio Nacional de Arquitectura. Membro da Academia Galega de Belas Artes, da Academia de Bellas Artes San Carlos de Valencia e da Academia Galega de Ciencias.
- Xosé Manuel Casabella López. Arquitecto. Membro da Academia Galega de Belas Artes.
- León López de la Osa González. Arquitecto.
- Alicia Garrido Fenes. Historiadora do arte.
Como moderadores:
- Manuel Martínez Carazo. Arquitecto. Presidente da Delegación de Vigo do COAG.
- Anselmo Villanueva Peón. Arquitecto. Presidente da Delegación de Pontevedra do COAG.
A duración estimada é de unha hora. Ao rematar o acto, servirase un aperitivo.
Para asitir ao evento, e dado que as prazas son limitadas, é precisa a inscrición previa, a través do seguinte FORMULARIO.