Conferencia “Obras galegas premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo”

9 Set 2022

No contexto da exposición “Obras Galegas Premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo”, que se pode visitar na sala de exposicións da Delegación de Vigo, o vindeiro xoves día 15, ás 19,00 horas, celebrarase unha conferencia a cargo de dous dos estudios de arquitectura cuxas obras resultaron premiadas na bienal:

  • Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes (Fuertespenedo Arquitectos_rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores-Muros)
  • Alfonso Salgado Suárez e Francisco Liñares Túñez (Salgado e Liñares_Complexo Turístico Albeida en Outes)

Ao finalizar a conferencia-coloquio servirase un aperitivo aos asistentes. A xornada levarase a cabo nas instalacións da Delegación de Vigo do COAG (Dr.Cadaval, 5, baixo), e a asistencia é de libre acceso a calquera persoa interesada. Dado que o aforo é limitado, é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón.

Compartir