Conferencia: “Concéntrico, un festival de ciudad”

23 Out 2023

O vindeiro sábado 28 de outubro terá lugar na Delegación de Vigo esta Conferencia, organizada xunto co Concello de Vigo, que se engloba dentro das Xornadas de Acupuntura urbana de Vigo.

A partir da experiencia de CONCENTRICO Festival Internacional de Arquitectura y Diseño de Logroño, contado polos seus creadores, afondaremos no concepto de Acupuntura Urbana para reflexionar sobre o noso entorno urbano, o deseño da cidade e a arte, explorando unha pauta para poder continuar a desenvolver este tipo de intervencións na cidade de Vigo.

Termo acuñado polo arquitecto brasileiro Jaime Lerner. Acupuntura urbana é unha práctica que busca mellorar o entorno urbano a través de intervención creativas e sostibles en espazos públicos.

Interveñen:

  • Javier Peña, Director do Festival Concéntrico de Logroño.
  • Irene Fernández Garijo, Coordinadora do Festival Concéntrico de Logroño.
  • Modera: Manuel M Carazo Presidente de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia COAG

Sábado 28 de outubro de 2023 – 10.30h
Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos. Rúa Doctor Cadaval, 5

Organizan:
Concello de Vigo
Colexio de Arquitectos de Galicia

Coordina:
Proyecto EWA

A entrada é libre ate completar aforo, sendo imprescindible a inscrición a través do seguinte ENLACE.

Compartir