A Xerencia de urbanismo do Concello de Vigo solicitou ao equipo redactor do PXOM informe aclaratorio co fin de resolver algunhas dúbidas de interpretación do vixente Plan Xeral, xeneradas pola técnica de redacción do documento que son susceptibles de dar lugar á aplicación de criterios diferentes ante supostos idénticos.
En concreto o informe se realizaba para aclarar a seguintes previsións das Normas Urbanísticas :
- Alcance dos condicionantes previstos na regulación dos usos autorizables nas distintas ordenanzas.
- Réxime dos usos en plantas soto.
- Concepto de parcela edificable.
- Interpretación da ordenanza U5
- Aplicación do artigo 182 das Normas Urbanísticas.
A Xerencia de urbanismo aprobou a instrución 1/2026 asumiendo expresamente como propia a interpretación contida nas conclusións do informe do equipo redactor.
Está dispoñible o texto da instrución na seguinte ligazón: instruccion 1/2026 PXOM VIGO
Esta instrución, non modifica, complementa nin innova o contido normativo do Plan Xeral de Ordenación Municipal, limitándose a fixar a interpretación que deberá seguir os servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo das determinacións expresamente contempladas nela.
