- Lugar: Delegación de Vigo, (Dr. Cadaval, 5)
- Día: mércores, 18 de xaneiro
- Hora: 19:00 h.
O acceso é libre ata completar o aforo dispoñible. Non obstante, para unha mellor organización é precisa a inscrición a través do seguinte ENLACE.
UN ACHEGAMENTO AO CONXUNTO PATRIMONIAL MAIS IMPORTANTE DA CIDADE DE VIGO: O ENSANCHE DECIMONÓNICO.
O conxunto histórico do Ensanche é o tecido construído de maior calidade da cidade tanto polas pezas arquitectónicas de excepcional feitura que posúe como polo seu alto valor
urbano, froito das extraordinarias condicións espaciais que se manteñen e estenden nas 72 Ha. que abarcan, conformando unha identidade espacial clara.
A súa importancia non so radica na sobranceira calidade arquitectónica e urbana, senón tamén en que representa a sociedade industrial que transformou unha pequena vila sen importancia na contorna na meirande cidade de Galicia.
Ademais de falar das súas características, do estado de conservación no que se atopa, e da tremenda potencialidade que aínda posúe, esta charla/debate pretende fomentar un debate necesario na cidadanía para poñer en valor este patrimonio único e decidir se debemos telo en conta como un dos puntos de partida mais importantes no desenvolvemento da urbe.