A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 6 ao 8 de outubro un seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña.
O obxectivo xeral consistirá en propiciar un foro de debate aberto sobre as paisaxes culturais de montaña en clave de futuro, partindo do feito que normalmente domina unha lectura naturalista e ambiental da mesma. Por ese motivo as reflexións d@s conferenciantes descorrerán na liña de achegaren as chaves básicas dos procesos de posta en valor, planificación e conservación: extinción das actividades tradicionais, literatura oral e escrita, memoria histórica, problematización da relación entre patrimonio e paisaxe, restauración dos elementos materiais considerados patrimoniais, etc. Estas reflexións deben enriquecer a experiencia práctica.
Máis información no seguinte ENLACE.