O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.
Aos/ás interesados/as faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.
No caso de que estean interesados/as, cada traballador/a deberá cumprimentar a solicitude e remitila ao Centro do ISSGA correspondente.
Pode solicitar o recoñecemento médico achegando o modelo de solicitude que se atopa na web e dirixilo ó centro territorial do ISSGA no que lle interese facelo.