Con motivo do concurso internacional de ideas para a nova Ponte Peonil entre Tomiño e Vila Nova da Cerveira, a Deputación de Pontevedra vai realizar un acto de inauguración da exposición cos proxectos presentados e os tres finalistas.

O acto terá lugar o 19 de abril, ás 12 horas, no vestíbulo do Pazo provincial.