Anunciado o lanzamento de axudas para proxectos de naves ou establecementos de negocio de nova construción, rehabilitación ou reforma, no que se empregue a madeira como elemento estrutural.
O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2020, ou esgotamento dos fondos.
O importe da axuda será do 80% ata un máximo de 25.600 euros, podendo solicitar un anticipo do 50%.
Serán subvencionables os honorarios téncicos de redacción do proxecto ata un máximo do 10% do orzamento de execución material, computando os gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de xustificación do proxecto.
Pódense beneficiar destas axudas empresas e organismos intermedios, con domicilio social ou un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta subvención enmárcase na estratexia de fomento da bioeconomía, que quere promover a utilización de materiais renovables, reciclables e reutilizables, como é a madeira, ofrecendo novas solucións sustentables baseadas na natureza para liderar a transición cara a neutralidade climática.