A ETSAC vai acoller a xornada A NOVA XESTIÓN DA CIDADE o vindeiro martes 29 de setembro, ás 11:00h.

Preténdese debater sobre a xestión da cidade no novo contexto político actual, para o que contamos coa participación dos responsables de urbanismo de Madrid, Santiago de Compostela, Oviedo, Ferrol e A Coruña: José Manuel Calvo, Jorge Duarte, Nacho Fernández del Páramo, María Fernández Lemos e Xiao Varela, respectivamente.

Os convidados comparten varias circunstancias, son todos arquitectos, novos arquitectos, estréanse nas tarefas de xestión en gobernos municipais liderados polas novas plataformas cidadás e, en todos os casos menos un, son egresados da ETSAC.

O director da Escola, Fernando Agrasar, moderará o debate.a-nova-xestion_1