municipalismo

 

Ciclo de conferencias: “Rexeneración urbana e desenvolvemento económico”

Xoves 7 de xullo, 20 horas. Local de Compostela aberta

GAIA REDAELLI. Arquitecta

Arquitecta pola escola de Arquitectura de Milán con estudio na cidade Lombarda e en Córdoba. Foi Directora Xeral de Rehabilitación e Arquitectura da “Consejería de Fomento y Vivienda de la Junta de Andalucía” entre 2012 e 2015. Directora da Fundación Arquitectura Contemporanea entre 2003 e 2012. 

O seu proxecto ‘La ciudad amable’ foi finalista na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013 e recibiu o premio ‘ONU – Habitat-Best practises’ en Novembro de 2014.

Ven de presentar na Bienal de Venecia o seu proxecto para o barrio da Axerquía en Córdoba cunha proposta de activación urbana a través da creación de cooperativas de vivendas en cesión de uso. www.patiosaxerquia.eu