O vindeiro venres a ETSAC acollerá unha palestra de Josep Maria Montaner, profesor da ETSAB e actual concelleiro de vivenda da capital catalana, que falará sobre “Política e arquitectura da vivenda social en Barcelona”.
O profesor Montaner ven de publicar unha nova obra baixo o título “A arquitectura da vivenda colectiva. Políticas e proxectos na cidade contemporánea”.
Data: venres 06 de novembro, ás 13:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC