Teatro Principal.
Rúa da Paz nº 9.
VENRES 27 ás 19,00 h.
Cidadá: Olga Mojón Costela.
Arquitecta: Sandra González Rodríguez.
Este pequeno e coqueto Teatro construido no ano 1830 seguindo os modelos dos teatros italianos, situase no cerne do casco histórico ourensan, e ten sido o centro da vida cultural, social e política da cidade auriense.
Mandouno construir Santiago Sáez, por despeito a outro local no que non lle deixaban pasar.
O longo da súa historia ten sufrido diferentes remodelacións. Probablemente a que lle deixou unha maior pegada realizouse no ano 1915 para transformalo en cinematógrafo. A última, do ano 1990 e baixo a tutela do arquitecto Emilio Fonseca Moretón, recupera e pon en valor un espazo que có paso do tempo tiña mudado dun xeito sustancial, incorporando nos seus teitos os frescos do xenial pintor ourensán Xaime Quessada.