Ofertas emprego público

2 xuñ 2017

Indícanse de seguido as últimas ofertas de emprego publicadas:
MUGARDOS Convocatoria e bases proceso selectivo para elaboración de lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposición libre, de 1 arquitecto/a BOP AC 02/06/2017
CASTRO DE REI Bases convocatoria para cobertura praza de arquitecto (páx. 8, r. 1567) BOP LU 02/06/2017

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir