INFORMACIÓN

9 Feb 2016

Información (Custom)

 

Alcance xurídico do informe da Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia de 30 de novembro de 2015 en relación co acordo do ayuntamiento de Santa Pola (Alicante) que inadmitiu informes de avaliación de edificios para uso residencial dos enxeñeiros técnicos industriais.

O referido informe é emitido pola Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia (en diante CNMC) como consecuencia dunha queixa presentada por un enxeñeiro técnico industrial, motivada porque un concello rexeitou un informe de avaliación de edificios subscrito por dito profesional. Desde a organización colexial da Enxeñería Técnica Industrial, tense manifestado con transcendencia pública e mesmo nalgúns medios de comunicación que “La CNMC autoriza la realización de informes de evaluación de edificios por los ingenieros técnicos industriales” Desde a organización colexial da Arquitectura, en concreto desde o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (en diante CSCAE), tense analizado en profundidade o devandito informe da CNMC a través da súa asesoría xurídica, concluíndo o seu informe que “dita afirmación é inexacta e carente de fundamento”. Considerando a cuestión de gran interese para a profesión entendemos necesario difundir as conclusións do informe do CSCAE que poden ser consultadas na Circular 03-2016 onde se pode consultar, así mesmo, o informe da CNMC.

Compartir