A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística informa sobre a realización do Congreso Presente e Futuro do Urbanismo español que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela os videiros días 6 e 7 de xuño de 2016, no que intervirán relatores de recoñecido prestixio no ámbito do urbanismo.

Durante o congreso analizarase a situación actual do modelo urbanístico actual, así como os principais problemas que suscitan, analizando a situación na que nos  atopamos, o esquema deseñado polo Estado e desenvolto polas Comunidades Autónomas, buscando solucións a problemas prácticos como as execucións de sentenzas. a incidencia da lei de transparencia sobre o urbanismo, os modelos urbanísticos de países europeos, así como propostas concretas que contribuirían a unha mellora, entre outros temas.

  • Matrícula e inscripción: 

A matrícula é gratuíta e os asistentes obterán un diploma acreditativo emitido e homologado pola Escola Galega de Administración Pública.

a matrícula debe facerse, a partir do sábado 14 de maio, a través da páxina web https://egap.xunta.es/matricula/ As prazas están limitadas ao aforo do local.

  • Programa:

recolle con detalle os temas obxecto de estudo así como os relatores. programa Congreso Urbanismo