Visita guiada “Casa das Máquinas”

1 Out 2025

Por mor da celebración da semana mundial da arquitectura, a Delegación de Santiago do COAG organiza unha visita guiada a certas obras de interese dentro do ámbito da Delegación.

Nesta ocasión visitarase o edificio coñecido como “A Casa das Máquinas”, recentemente rehabilitado polo estudio Terán Blanco Palacio Arquitectos. Ademais, nesta visita acompañaranos un dos socios do estudo, Ramón Blanco, quen nos desgranará a través das súas explicacións durante a visita, as particularidades da obra.

A visita terá lugar o vindeiro luns dia 6 de outubro, ás 19 horas. O punto de encontro será no mesmo edificio, sito na Rúa das Galeras en Santiago de Compostela.

Aínda que se trata dunha actividade gratuita, por causas organizativas é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte FORMULARIO.

Compartir