V Edición do ciclo de conferencias de arquitectura: Próximos 2024

22 maio 2024

Desde a Delegación de Santiago comprácenos anunciar a celebración da quinta edición do ciclo de conferencias de Arquitectura: PRÓXIMOS 2024. Así, o mércores 5 de xuño terá lugar a primeira das conferencias enmarcada neste ciclo a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras ou os estudos, como polo contexto sobre o que traballan.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o lugar de celebración trasládase ao Salón de actos do Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos, s/n).

A continuación, indícanse as datas dos relatorios xunto cos seus protagonistas:

PRÓXIMOS 2024

  • mércores 5 de xuño « MÜLLER FEIJOO»
  • mércores 19 de xuño « CRISTINA GARCÍA FONTÁN »
  • xoves 4 de xullo « TRESPÉS »
  • xoves 18 de xullo « CARBAJO BARRIOS»

En breve publicaranse os detalles de cada relatorio e as ligazóns de inscrición.

Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este proxecto:

Confiamos en que a celebración destas charlas, como nas edicións pasadas, contribúa a aproximar a arquitectura á sociedade.

Esperámosvos!

Compartir