1973-2023 – ANIVERSARIO 50 ANOS DO COAG
Consciente do momento de cambio social que se está vivindo, a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) incluíu dentro dos actos de celebración dos cincuenta anos do COAG, unha actividade onde se visualice a evolución do papel social e profesional das arquitectas.
Dando continuidade ao encontro somos arquitectas que tivo lugar o pasado marzo, presentamos agora EXPERIENCIAS, unha serie audiovisual monográfica na que introducimos a compañeiras de distintas xeracións, con traxectorias vitais e profesionais variadas, que nos relatan as súas experiencias.
A través dun exercicio colectivo, reflexionamos sobre algúns dos temas que nos ocupan e preocupan no noso día a día, sintetizándoos en 4 pezas audiovisuais que esbozamos como:
FORMÁNDONOS, FAENANDO, DESEÑANDO CON CRITERIOS DE XÉNERO e PENSANDO O FUTURO, nas que falamos libremente sobre como se desenvolveu o noso período de formación e a transcendencia que tivo nas nosas vidas, tanto a nivel profesional como persoal, así como na forma de enfrontarnos aos retos sociais e laborais; sobre como crear espazos desde un enfoque inclusivo e diverso, que nos permita innovar, transformar e mellorar a sociedade e como afrontar os retos que aínda nos quedan por realizar.
O mércores 25 de outubro terá lugar a presentación da serie audiovisual coa proxección do primeiro vídeo, FORMÁNDONOS, e a intervención de Begoña Gómez Vázquez.
PONENTE
Begoña Gómez Vázquez é profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da Universidade de Santiago, membro e secretaria do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX-USC).
Máis información en: https://cifex.usc.gal/
DATA:
Mércores 25 de outubro de 2023
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Sala da Delegación de Santiago
Praza da Quintana nº1 – Baixo cuberta
Santiago de Compostela.
INSCRICIÓN:
Se ben o relatorio é de libre acceso para calquera persoa interesada, é convinte a inscrición previa para unha adecuada organización.