Nas vindeiras semanas iniciarase o proceso de revisión e valoración das propostas presentadas por parte do Xurado. Unha vez finalizada esta fase, daranse a coñecer as candidaturas seleccionadas e a información relativa ao acto de entrega dos diplomas.
Animamos a todas as persoas interesadas a presentar as súas candidaturas antes da finalización do prazo.
Poderán optar aos premios: proxectos redactados ou obras finalizadas con emprazamento no ámbito da nosa delegación que corresponde aos seguintes Concellos: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brion, Carnota, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Santiso, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
Poden presentar as propostas os colexiados/as no COAG ou en calquera outro Colexio de Arquitectos de España.
As bases pódense consultar no seguinte ENLACE.
As propostas deberán ser achegadas na web do COAG, a través da plataforma online de xestión de Premios, dispoñible no seguiente enlace:
