Ponencia “ÁNCORA OU TRAMPOLÍN”

15 Xan 2025

O vindeiro venres 24 de xaneiro, terá lugar unha conferencia organizada pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos. Co título de “Áncora ou Trampolín”, os arquitectos María González e Juanjo López de la Cruz, fundadores do estudio de arquitectura Sol89, impartirán unha ponencia na que a través da análise de tres proxectos, tratarán de establecer unha continuidade entre os ritos que a arquitectura reproduce a través do tempo e a nova lectura que deles fan a través do seu traballo. Partindo do aforismo de Andrés Neuman, “Tradición, ancora ou trampolín?”, tentan constatar a capacidade da arquitectura para incorporar ao noso ámbito cultural contemporáneo realidades aparentemente esgotadas a través da reinterpretación da pegada que deixaron na forma de entender as nosas cidades e paisaxes.
A ponencia terá lugar as 17:30 horas no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego.

Á finalización da conferencia, realizarase o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos premios PRÓXIMOS, que organiza a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, e nos que María González participou como membro do xurado.

Á finalización do acto, servirase un pequeno ágape aos participantes para cerrar a xornada.

 

PONENTES:

Sol89 María González y Juanjo López de la Cruz

Arquitectos formados na Escola de Sevilla, forman SOL89, un estudo desde onde tentan conciliar docencia, investigación e profesión. O seu traballo abarca desde a pequena escala local ata proxectos internacionais nos que a exploración dos espazos intermedios, os ritos e o carácter público da arquitectura está sempre presente.

Obtiveron diversos recoñecementos como os Premios FAD, Hispalyt e do CSCAE, en España, ou os Wiener Berger, 40under40 e Philippe Rotthier en Austria, EEUU e Bélxica, recentemente foron nomeados ao Swiss Architectural Award.

Son profesores da Escola de Arquitectura de Sevilla e publicaron os libros Proxectos Atopados (Recolectores Urbanos, 2012), O debuxo do mundo (Lampreave, 2014) e a monografía sobre os seus proxectos O ámbito dos posible (TC Cadernos, 2024).

Xunto a Ángel Martínez, son os comisarios da presente edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

 

INSCRICIÓN

SOLICITUDE DE ASISTENCIA E RELACIÓN ASISTENTES. Os/as interesados/as en asistir á conferencia, deberán solicitar a súa asistencia cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE de cara a unha mellor organización.

DATA:

Venres 24 de xaneiro de 2025

HORARIO:

17:30 a 19:00 horas

LUGAR:

Salón de actos do Museo do Pobo Galego.

Costa de San Domingos s/n. Santiago de Compostela

Compartir