Mesa redonda “A madeira na arquitectura”

27 Xan 2026

No marco da entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor” 2025, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Delegación de Santiago organizan unha mesa redonda sobre a madeira e a súa aplicación na arquitectura, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro de 2026, ás 18:30 h, no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.

A mesa contará coa participación dos premiados Manuel Guaita e Manuel Touza, xunto cos arquitectos Ángel Panero e Óscar Andrés Quintela. O debate abordará as posibilidades e retos da madeira na práctica arquitectónica contemporánea, con especial atención á innovación construtiva, a sustentabilidade e a transferencia de coñecemento entre a investigación e a profesión.

A actividade está pensada como un espazo aberto ao diálogo e ao intercambio de experiencias entre profesionais e persoas interesadas no uso da madeira como material estratéxico na arquitectura. Ainda que a asistencia á charla é de libre acceso, para unha axeitada organización é preciso inscribirse a través do seguinte FORMULARIO.

Compartir