Fallo do II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura

25 Set 2023

Finalizado o prazo para a presentación de candidaturas ao recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2023” convocado desde a Delegación de Santiago co obxectivo de poñer en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo, procédese á publicación do fallo.

Por iso, o luns 25 de setembro reuniuse o xurado designado a tal efecto e integrado polos seguintes membros da nosa demarcación:

  • Dña. Cristina Ezcurra de la Iglesia. Arquitecta da delegación.
  • D. Francisco Javier Fernández Fuertes. Arquitecto da delegación.
  • D. Eduardo Cruz Aguiar. Arquitecto da delegación.
  • D. Ángel Cid Carballo. Presidente da delegación.
  • Dña. Susana Rodríguez Carballido. Tesoureira da delegación.
  • D. Diego Cisterna Arias. Secretario da delegación. (actuando como secretario do  xurado, sen voto)

Fallouse na persoa de Daniel Hermosilla Hermida o recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2023” convocado desde a Delegación do COAG de Santiago de Compostela co obxectivo de poñer en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo. Poucas persoas poden responder de forma máis apropiada a tal propósito no ámbito galego. CEO do grupo Rodiñas, Hermosilla representa os mellores e máis transversais afáns de coser cultura, técnica e sociedade a calquera escala. Un orgullo para a economía e a industria deste país, contar cun representante da súa altura intelectual e os seus valores persoais e humanos.

Daniel Hermosilla
Este recoñecemento farase efectivo na cea da delegación de Santiago que terá lugar no Hotel NH Collection, en Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 7 de outubro de 2023, con motivo do Día Mundial da Arquitectura.

¡Animadevos a asistir e a celebrar entre compañeiros esta homenaxe á Arquitectura como valor para toda a sociedade!

Enlace ao formulario de inscrición.

Compartir