Fallo do II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura

27 Set 2023

Rematado o prazo para a presentación de candidaturas ao recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2023” convocado dende a Delegación de Santiago co obxectivo de por en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo, procédese á publicación do fallo.

Por mor diso, o luns 25 de setembro reuniuse o xurado designado a tal efecto e integrado polos seguintes membros da nosa demarcación:

  • Dona Cristina Ezcurra de la Iglesia. Arquitecta da delegación.
  • Francisco Javier Fernández Fuertes. Arquitecto da delegación.
  • Eduardo Cruz Aguiar. Arquitecto da delegación.
  • Ángel Cid Carballo. Presidente da delegación.
  • Dona Susana Rodríguez Carballido. Tesoureira da delegación.
  • Diego Cisterna Arias. Secretario da delegación. (actuando como secretario do xurado, sen voto)

Fallouse na persoa de Daniel Hermosilla Hermida. o recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2023” convocado dende a Delegación do COAG de Santiago de Compostela co obxectivo de por en valor as achegas de outros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo. Poucas persoas poden responder de forma máis acaída a tal propósito no ámbito galego. CEO do grupo Rodiñas, Hermosilla representa os mellores e máis transversais afáns de coser cultura, técnica e sociedade a calquera escala. Un orgullo para a economía e a industria de este país, contar cun representante da súa altura intelectual e os seus valores persoais e humanos.

Daniel Hermosilla
Este recoñecemento farase efectivo na cea da delegación de Santiago que terá lugar no Hotel NH Collection, en Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 7 de outubro de 2023, con motivo do Día Mundial da Arquitectura.

¡Animádevos a asistir e a celebrar entre compañeiros esta homenaxe a Arquitectura como valor para toda a sociedade!

Enlace ao formulario de inscrición.

Compartir