Polo 8M do 2023, as arquitectAs da delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) xuntámonos para falar das cousas que nos pasan por ser mulleres na nosa vida privada e profesional; de como foi o noso paso pola Escola de Arquitectura; de cal foi o noso primeiro traballo e dos que viñeron despois; de como avistamos o futuro e de moitas cousas máis.
Presentamos agora a gravación dese encontro, que no seu momento convocamos como somos arquitectAs. Como falamos tanto e de tantas cousas tivemos que dividir o vídeo en dúas partes.
Démonos conta de que as arquitectAs da nosa contorna temos moito que contar, ganas de escoitar as compañeiras e de ser escoitadas, así que propuxemos á delegación de Santiago do COAG continuar con este proxecto para amosar a evolución do noso papel social e profesional a través dunha serie de 4 pezas audiovisuais á que chamamos EXPERIENCIAS somos arquitectAs, na que, a través dun exercicio colectivo, reflexionamos sobre algúns dos temas que nos ocupan e preocupan, e que iremos presentando o primeiro venres dos vindeiros meses.
Invitámosvos a seguirnos e a compartir as vosas vivencias.
Carmen Rey e Karme García, k2c arquitectas
CALENDARIO de presentación dos vídeos:
2 de febreiro: somos arquitectAs (parte 1 y 2)
EXPERIENCIAS somos arquitectAs
1 de marzo: FORMÁNDONOS
5 de abril: FAENANDO
3 de maio DESEÑANDO CON CRITERIOS DE XÉNERO
7 de xuño: PENSANDO O FUTURO
LIigazóns ao primeiro dos vídeos na canle do COAG
SOMOS ARQUITECTAS
PARTE 1