Dispoñible a gravación de Ciclo Territorios Análogos (2) Conferencia Javier Burón “A urxencia do tempo e a dificultade espacial nas políticas públicas de vivenda”.

19 Mar 2025

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia celebrada o pasado martes 4 de febreiro, a cargo de Javier Burón, titulada A urxencia do tempo e a dificultade espacial nas políticas públicas de vivenda.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.

A crise da vivenda en España intensificouse de maneira relevante nos últimos anos. O aumento dos prezos de compra e alugueiro, a oferta insuficiente de vivendas asequibles e a escaseza notable de vivenda pública, entre outros factores, contribuíron a agravar considerablemente a situación da vivenda. Durante esta conferencia, Javier Burón, dende a súa ampla experiencia no sector, analizará o papel das políticas públicas de vivenda para minimizar esta problemática.

ENLACE Á GRAVACIÓN.

Compartir