Dispoñible a gravación da Conferencia “Proyectos y obras recientes. Estudio Ansede Quintáns”

17 xuño 2022

Está dispoñible no CanalCOAG a gravación desta conferencia, que tivo lugar o pasado 6 de abril, enmarcada no ciclo próximos 2022 a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á demarcación do COAG-Santiago, ben polo emprazamento das obras ou os estudios como polo contexto sobre o que traballan.

Esta primeira ponencia versou sobre os proxectos e as obras máis recentes do estudio Ansede Quintáns formado polos arquitectos Cristina Ansede e Alberto Quintáns.

Enlace á gravación.

Compartir