Para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2023, que se celebrará do 16 a 22 de setembro, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza esta conferencia sobre a “descarbonización da mobilidade en Santiago” que será impartida polo enxeneiro Pau Noy.
Como o resto de cidades, Santiago de Compostela enfróntase ao reto de dispoñer dunha mobilidade descarbonizada. Trátase dun enorme desafío tendo en conta que na actualidade a metade da mobilidade da cidade-coches, furgonetas e autobuses- constitúen altos xeradores de gases de efecto invernadoiro. En pouco tempo non se poderán vender coches a motor de combustión en Europa e a súa substitución xeralizada por vehículos eléctricos é incerta.
Santiago debería poder aproveitar as oportunidades que lle brinda o presente (novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible en fase de redacción,ou a nova Concesión do Transporte Urbano) para dotarse, no horizonte de 2035, dun sistema de transporte baseado nun transporte público enteiramente eléctrico.
Neste novo paradigma da mobilidade, poderíase implantar un sistema tranviario; unha integración real da cidade con toda Galicia baseado nun ferrocarril eléctrico de alta cadencia; unha extensa frota de vehículos eléctricos compartidos, nas dúas modalidades de carsharing e carpooling; e unha forte aposta polos desprazamentos a pé e en bicicleta. Esta revolución non poderá ser levada a cabo sen un amplo debate con todos os estamentos sociais da cidade.
A conferencia realizarase o vindeiro día 20 de setembro na sala do baixo cuberta da sede do COAG na Praza da Quintana, nº1, 3º andar.
PONENTES
Pau Noy é enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Catalunya (UPC). Fundador de varias organizacións promotoras da mobilidade sostible coma a Asociación Iberoamericana para a Mobilidade Urbana Sostible; a Asociación para a Promoción do Transporte Público (PTP); da Fundación para a Mobilidade Sostible e Segura (FMSS); e fundador da Alianza Ibérica polo Ferrocarril. Foi membro do Consello de Administración de Transportes Metropolitanos de Barcelona (TMB) entre 1993 e 2015, e tamén da Federación Europea de Pasaxeiros dende o 2017.
Ademais, conta cunha ampla variedade de artigos publicados sobre mobilidade, medio ambiente e economía sostible, baseados nunha experiencia como docente.
Podedes tamén consultar as súas publicacións no seu propio blog no diario “La Vanguardia”:
https://blogs.lavanguardia.com/cambiar-para-seguir-viviendo/
DATA:
Mércores 20 de septembro de 2023
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Sala da Delegación de Santiago
Praza da Quintana nº1 – Baixo cuberta
Santiago de Compostela.
INSCRICIÓN
Se ben o relatorio é de libre acceso para calqueira persoa interesada, é convinte la inscripción
previa para unha adecuada organización.