Conferencia Carbajo Barrios “Vertical y transversal” – Ciclo Próximos 2024

10 Xul 2024

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos anunciamos que o xoves 18 de xullo terá lugar a última conferencia do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este derradeiro relatorio terá como protagonista ao estudo CARBAJO BARRIOS, que nos exporán catro das súas ultimas obras realizadas, e a decisiva implicación de axentes distintos aos arquitectos na súa concepción e desenvolvemento.

PONENTE

CARBAJO BARRIOS é un despacho profesional fundado no ano 2.000 polos Arquitectos Manuel Carbajo Capeáns (Santiago de Compostela, 1973) e Celso Barrios Ceide (Lugo, 1973). Actualmente, completan o equipo de traballo David Camiño Quintela, Laura Pardo Ponte e Alejandro Calviño Pérez.

Entre os seus traballos máis relevantes atopamos numerosos proxectos de vivenda unifamiliar e colectiva, coma as 76 vivendas SUP-6 Santa Marta; 125 vivendas Cornes Espacio Residencial; ou as 75 vivendas FOXOS, en Sanxenxo. Contan tamén con proxectos en edificios de múltiples usos, coma a Rehabilitación do Cine Capitol para Sala de Concertos, una Escola Taller Municipal en Carballo; o Centro Sociocultural de Oza; o Cemiterio Municipal de Teo; ou a Rehabilitación Fundación Eugenio Granell en Santiago de Compostela.

Contan tamén con numerosas distincións e premios:

  • Seleccionado Premios FAD 2015. Galeras Entrerríos Cooperativa Galega.
  • XVII Premio COAG Mellor Edificio Residencial. Galeras Entrerríos Cooperativa Galega. 2017.
  • Finalista XVII Premio COAG Mellor Edificio Residencial. Vivenda Unifamiliar Casas Novas. 2017.
  • XVIII Premio COAG Mellor Edificio Residencial. Trece Rosas Cooperativa Galega. 2019.
  • Finalista XV Bienal Española Arquitectura Urbanismo. Trece Rosas Cooperativa Galega. 2019.
  • XX Premio COAG Mellor Edificio Residencial. Cornes Espazo Residencial. 2023.
  • Seleccionado IX Premios de Arquitectura Ascensores Enor. Cornes Espazo Residencial. 2023.
  • Finalista XVI Bienal Española Arquitectura Urbanismo. Cornes Espacio Residencial. 2023.
  • Finalistas Premio Hyspalit Teja 2021-2023. Vivenda Unifamiliar Xinzo-Brión.
  • Premio Galego de Arquitectura 2023. Cornes Espazo Residencial. 2023.

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

DATA:

Xoves 18 de xullo de 2024

HORARIO:

19:30 a 21:00 horas

LUGAR:

Salón de actos do Museo do Pobo Galego.

Costa de San Domingos s/n. Santiago de Compostela

PATROCINADORES:

Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este proxecto:

Compartir