Compostela en dez pasos. Somos Cidade ou cada quen ao seu? Esgotadas as prazas.

15 Nov 2023

Lémbrase que a reserva de praza será efectiva ate 10 minutos antes da charla. A partir de aí se dará entrada aos que estén en lista de espera.

O mércores 22 de novembro ás 19:30 horas terá lugar na sede Afundación na rúa do Vilar de Santiago de Compostela a ponencia impartida polos arquitectos Xerardo Estévez e Alfonso Salgado co título “Compostela en dez pasos. Somos Cidade ou cada quen ao seu?” organizada pola delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos.

Unha cidade é un ente que concilia a competencia de cada individuo e as súas carencias coa vida en comunidade. A sociedade construímola no fogar, no traballo, no tránsito polas rúas, as prazas e os bulevares. O ser humano é un ser social que comparte e colabora, e a cidade é a expresión máxima desa condición.

Se a cidade é unha causa común porque nos necesitamos uns aos outros, non pode ir cadaquén ao seu, sexa un veciño ou un gremio, apropiándose dalgún xeito dunha parcela que considera propia, nin tampouco a gobernanza da cidade pode ser un sumatorio de intereses.

É o lugar compartido, o acordo na diferenza, a coherencia na mestura, o compromiso no conflito. A cidade casa mal coa simpleza e a segregación.

PONENTES

Xerardo Estévez (Santiago, 1948) arquitecto pola ETSA de Barcelona.
En 1983 foi elixido alcalde de Santiago de Compostela.
En 1998 deixou a política e continuou dedicándose aos temas da cidade, o territorio e o patrimonio como arquitecto, escritor e conferenciante.


Alfonso Salgado (Santiago, 1966), arquitecto.
Xunto a Francisco Liñares dirixe Salgado e Liñares arquitectos.
En 2020, recibiron o Premio de Arquitectura Española.

DATA:
Mércores 22 de novembro de 2023

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Santiago de Compostela.

Se ben a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, debido ao aforo limitado da Sala se respetará a reserva de praza que deberá facerse a través do seguinte enlace: ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Esta reserva de praza será efectiva ate 10 minutos antes do inicio da charla. A partir de aí darase entrada aos anotados na lista de espera.

Compartir