Ciclo de conferencias “La casa invisible” – Felipe Criado-Boado

31 Xan 2024

O vindeiro mércores 7 de febreiro celébrase a segunda xornada da III edición do ciclo de conferencias “A Casa Invisible”, que se organiza dende a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos.

Nesta ocasión contamos con Felipe Criado-Boado, arqueólogo e profesor de investigación do CSIC, é ademais o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, con sede en Santiago. Felipe explicaranos en que consiste o proxecto XSCAPE do CSIC, un proxecto que fala sobre como a paisaxe natural e artificial dá forma á nosa mente e visión do mundo.

PONENTE

Felipe Criado-Boado foi galardoado co Premio Nacional de Investigación en Humanidades “Ramón Menéndez Pidal” no ano 2023, e é o Investigador Principal coordinador do Proxecto ERC Synergy Grant “XSCAPE: Material Minds”).

Foi presidente electo da European Association of Archaeologists (EAA) entre 2015 e 2021, Coordinador da área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC de 2003 a 2008, Xestor da área de Ciencia e Sociedade de CYTED de 2009 a 2014. Foi Visiting Scholard na Universidade de Cambridge entre 1986-1987. Profesor Titular da Universidade de Santiago desde 1991 a 2000. A finais do 2000 incorporouse ao CSIC, e tamén impartiu cursos en diferentes universidades españolas e estranxeiras.

É autor dunha 17 de libros e monografías científicas, de máis de 130 artigos e 60 capítulos de libros de investigación en revistas españolas e internacionais, 250 contribucións en congresos, e máis de 50 artigos de divulgación e ensaio. Dirixiu 22 tese doutoral e 55 tese de Mestría, e ademais formou gran cantidade de técnicos que traballan en entidades académicas e no sector profesional.

Máis información:

http://csic.academia.edu/FelipeCriadoBoado

http://www.linkedin.com/profile/edit?trk=tab_pro

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Mércores 7 de febreiro de 2024

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Salón de actos da Sede Afundación
Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela

Compartir